Un ano máis vamos a intentar reunirnos as familias da Asociación Galega da Síndrome X Fráxil. Decimos que o vamos a intentar porque estamos dispersas por toda a comunidade, somos pais e nais de nenos e nenas, mozos e mozas con SXF, temos ademais outros membros na familia, é un fin de semana xa rematado o curso… por fin!!!, xa todos sabemos de que falamos, en fin, que nos costa dar un pasiño e vir a Santiago dende sitios tal lonxe como Tui, A Guarda, Burela, que vamos dicir!.
Por si non fora pouco, hai moitas familias que levan tantos anos nesto que están, agotadas, sobre todo para vir, aínda que chaman por teléfono de vez en cando e sinten emoción de falar con novas familias porque, agora, por fin, son capaces de falar con eles de «ti a ti».
Este é o motivo que nos debe mover a xuntarnos, todos temos algo en común e, cando nos xuntamos, sabemos de que falamos e sobre todo porque nos necesitamos, os que teñen mozos lle poden contar aos que teñen pequenos, e entre todos facer unha tormenta de «ideas», unha chuvia de «propostas» e saír coas pilar recargadas para una ano máis.
Ánimo. Non debemos esquecer que dentro das diferencias hai moitas semellanzas, un cento delas por cada un dos nosos fillos e fillas. Xuntos.
Nos vemos en Santiago de Compostela o vindeiro día 30.