Somos a Asociación Galega da Síndrome X Fráxil, AGAXFRA. Fundada en 1998 por un pequeno grupo de nais que tiñan en común un fillo afectado por este Síndrome. A elas se foron unindo mais familias con fillos/as afectados. Buscamos unha atención integral e especializada que abarque dende o diagnóstico, a educación, a saúde, a inclusión, o ocio, o emprego e a investigación para contribuir ao desenvolvemento social e persoal dos afectados/as e portadores da SXF.
Podes atoparnos no teléfono: 689 670 124 no correo electrónico xfraxilgalicia@gmail.com
Te invitaoms a participar a través deste blog, ás tuas preguntas, achegas e suxestións, nos axudarán no noso esforzo.
A nosa asociación conta coa apoio do Concello de Culleredo para o desenvolvemento da nosa Acción Social