Recorte de prensa. Carta prensa: «el gesto»
O acto soliario que protagonizou durante a liga de futbol Leo Messi, dou pé a que a prensa se fixase un pouco máis no X Fráxil. Facer visibles ás persoas con discapacidade non é sinxelo, unha das mellores formas de chegar ao público son sen dúbida os medios de comunicación, pero non sempre a resposta a unha invitación nosa consigue chamar a súa atención, por eso a discapacidade se ten que apoiar en persoeiros ou actos chamativos para acadar esa atención.
Aínda que tamén temos que recoñecer que hai periodistas moi sensibilizados que a unha chamada se mostran dispostos a colaborar e contribuir a esa visibilidade. Facer das persoas con discapacidade actores sociais en todos os eidos é unha tarefa pendente, pero avanzamos moito e eso é de agradecer.